|
Escrito por Agrelar
|
|
Xoves, 24 Xuño 2010 21:14 |
|
A Rede Galaga de Permacultura organiza unhas xornadas sobre sementes. As persoas interesadas en participar podédesvos anotar a través do correo electrónico (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
) ou chamando ó teléfono 699117128.

|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Xoves, 24 Xuño 2010 15:50 |
|

O pasado día 19 de Xuño en agrelar celebramos o noso primeiro aniversario. Para conmemorar o evento xuntamonos polo serán na acearrica de Allariz a partillar viandas e xantares ...xunto con algunha que outra cervexa e algún que outro baño no rio! ...hehehe!
Aquí van algunhas das fotos que tomamos no Encontro. Saúde!
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Luns, 21 Xuño 2010 11:18 |
|

Mostra de Bioconstrución, Enerxías Renovables e Ecoloxía 25, 26 e 27 de Xuño no Paseo Marítimo de Moaña |
|
Escrito por Agrelar
|
|
Xoves, 27 Maio 2010 15:23 |
|
Vigo 24-26 de xuño de 2010
Soberanía alimentaria e agricultura ecolóxica, propostas de acción
Obxectivo Xeral
A necesidade de transformar o mundo rural, afastándoo das tendencias do abandono, é un obxectivo social de primeira orde. Conseguilo é unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, campesiños, consumidores e as súas asociacións. No ámbito do III Congreso queremos discutir sobre o papel asignado á agricultura ecolóxica nese proceso.
Producir alimentos e fibras para os mercados locais mediante sistemas produtivos que aproveiten os recursos locais (ambientais, humanos, culturais, económicos) convértese no elemento crítico do proceso de construción social dun novo mundo rural. Chamamos aos axentes sociais implicados á participación, definindo os problemas e propondo alternativas, co obxectivo de tecermos novas redes que permitan avanzar no camiño da soberanía alimentaria.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Mércores, 26 Maio 2010 20:12 |
|
A Asociación Cultural Pepa Loba, presenta Bioterra 2010, unha feira na que se conxugan a ecoloxía, o consumo responsable e consciente, o comercio xusto e o local e que se celebrará os vindeiros 5 e 6 de xuño na Plaza Maior e na Casa do Concello de O Carballiño coincidindo co día do Medio Ambiente.
Este evento no que se instalarán en torno a 20 postos, conta coa participación de produtores/as locais e ecolóxicos/as, asociacións relacionadas co comercio xusto e local, etc.
O principal obxectivo desta feira é revalorizar e dar a coñecer aos/as produtores/as e cooperativas de produción ecolóxica, así como reivindicar o comercio xusto e local como unha forma de vida sostible co medio ambiente. Así mesmo, tratarase de impulsar a implicación das persoas da comarca de O Carballiño, a un consumo responsable á vez que consciente, a través dos seus comportamentos á hora de elixir. Deste xeito, estamos amosando o poder que temos os/as consumidores neste momento.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 1 de 5 |