novas

Agroecoloxía
Xornadas formativas sobre sementes Correo-e
Escrito por Agrelar   
Xoves, 24 Xuño 2010 21:14

A Rede Galaga de Permacultura organiza unhas xornadas sobre sementes. As persoas interesadas en participar podédesvos anotar a través do correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) ou chamando ó teléfono 699 117128.

sementes

Ler máis...
 
III Congreso de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Galiza Correo-e
Escrito por Agrelar   
Xoves, 27 Maio 2010 15:23

Vigo 24-26 de xuño de 2010

Soberanía alimentaria e agricultura ecolóxica, propostas de acción

Obxectivo Xeral

A necesidade de transformar o mundo rural, afastándoo das tendencias do abandono, é un obxectivo social de primeira orde. Conseguilo é unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, campesiños, consumidores e as súas asociacións. No ámbito do III Congreso queremos discutir sobre o papel asignado á agricultura ecolóxica nese proceso.

Producir alimentos e fibras para os mercados locais mediante sistemas produtivos que aproveiten os recursos locais (ambientais, humanos, culturais, económicos) convértese no elemento crítico do proceso de construción social dun novo mundo rural. Chamamos aos axentes sociais implicados á participación, definindo os problemas e propondo alternativas, co obxectivo de tecermos novas redes que permitan avanzar no camiño da soberanía alimentaria.

Ler máis...
 
A Asociación Cultural Pepa Loba presenta: Bioterra 2010 Correo-e
Escrito por Agrelar   
Mércores, 26 Maio 2010 20:12

pepa-a-lobaA Asociación Cultural Pepa Loba, presenta Bioterra 2010, unha feira na que se conxugan a ecoloxía, o consumo responsable e consciente, o comercio xusto e o local e que se celebrará os vindeiros 5 e 6 de xuño na Plaza Maior e na Casa do Concello de O Carballiño coincidindo co día do Medio Ambiente.

Este evento no que se instalarán en torno a 20 postos, conta coa participación de produtores/as locais e ecolóxicos/as, asociacións relacionadas co comercio xusto e local, etc.

O principal obxectivo desta feira é revalorizar e dar a coñecer aos/as produtores/as e cooperativas de produción ecolóxica, así como reivindicar o comercio xusto e local como unha forma de vida sostible co medio ambiente. Así mesmo, tratarase de impulsar a implicación das persoas da comarca de O Carballiño, a un consumo responsable á vez que consciente, a través dos seus comportamentos á hora de elixir. Deste xeito, estamos amosando o poder que temos os/as consumidores neste momento.

Ler máis...
 
Xornada sobre ECO-EMPRESAS-Concello de Ourense Correo-e
Escrito por Agrelar   
Martes, 25 Maio 2010 10:20

Enviámoslle información dunha Xornada de 4 horas sobre ECOVIVEROS, CREACIÓN Y GESTIÓN DE ECO-EMPRESAS, que terá lugar o día 3 de xuño de 2010.

Ler máis...
 
Outra agricultura é posibel Correo-e
Escrito por Agrelar   
Luns, 24 Maio 2010 17:05
O próximo 30 de maio mobilizarémonos en Mérida contra a Europa do Capital e a Guerra, e especialmente contra o modelo agroalimentario da Unión Europea, fronte á reunión de ministros de agricultura da UE, que terá comezo en Mérida ese mesmo día.

O acto enmárcase dentro das Xornadas Alternativas fronte á reunión dos ministros de agricultura da Unión Europea, que foron convocadas por máis de 40 organizacións estremeñas, españolas e europeas, entre asociacións cidadás, grupos ecoloxistas, asociacións de consumo responsabel, sindicatos agrarios, ONG's e partidos políticos, baixo a lema "Otra agricultura, otra Estremadura, otra Europa".
Ler máis...
 
« InicioAnterior123SeguinteFinal »

Páxina 1 de 3