novas

A Asociación Cultural Pepa Loba presenta: Bioterra 2010 Correo-e
Escrito por Agrelar   
Mércores, 26 Maio 2010 20:12

pepa-a-lobaA Asociación Cultural Pepa Loba, presenta Bioterra 2010, unha feira na que se conxugan a ecoloxía, o consumo responsable e consciente, o comercio xusto e o local e que se celebrará os vindeiros 5 e 6 de xuño na Plaza Maior e na Casa do Concello de O Carballiño coincidindo co día do Medio Ambiente.

Este evento no que se instalarán en torno a 20 postos, conta coa participación de produtores/as locais e ecolóxicos/as, asociacións relacionadas co comercio xusto e local, etc.

O principal obxectivo desta feira é revalorizar e dar a coñecer aos/as produtores/as e cooperativas de produción ecolóxica, así como reivindicar o comercio xusto e local como unha forma de vida sostible co medio ambiente. Así mesmo, tratarase de impulsar a implicación das persoas da comarca de O Carballiño, a un consumo responsable á vez que consciente, a través dos seus comportamentos á hora de elixir. Deste xeito, estamos amosando o poder que temos os/as consumidores neste momento.

 

ASOCIACIÓN CULTURAL PEPA LOBA

A Asociación cultural Pepa Loba nace na comarca do Carballiño coa finalidade de estimular, promocionar e incentivar a búsqueda de novas propostas culturais baseadas na tradición, seguindo unha línea de comportamentos e actitudes responsables co Medio Ambiente.

Este proxecto cultural preséntase como unha aposta seria e contrastada, na procura dunha nova cultura da sostibilidade na relación da sociedade co seu entorno.

 

PROGRAMA BIOTERRA 2010

SÁBADO 5 XUÑO

  • 11:00 Apertura da Feira Bioterra 2010.
  • 14:00 Peche da Feira Bioterra 2010 para xantar.
  • 17:00 Reapertura da Feira Bioterra 2010.
  • 18:00 Obradoiro de plantas mediciñais na Plaza Maior.
  • 18:30 Charla informátiva e xuntanza dos Grupos de Consumo Responsable na Casa do Concello de O Carballiño
  • 19:30 Charla informátiva da Cooperativa de Consumo Consciente Arbore (Vigo), na Casa do Concello de O Carballiño
  • 21:00 Peche da Feira Bioterra 2010.


DOMINGO 6 XUÑO

  • 11:00 Apertura da Feira Bioterra 2010.
  • 14:00 Peche da Feira Bioterra 2010 para xantar.
  • 17:00 Reapertura da Feira Bioterra 2010.
  • 18:00 Obradoiro de cestería con materiais de refugallo na Plaza Maior.
  • 18:30 Charla informátiva da Asociación Ecoloxista Amigos da Terra, na Casa do Concello de O Carballiño
  • 21:00 Clausura da Feira Bioterra 2010.

 

OBRADOIROS AMBIENTAIS

Datas:

5 e 6 de Xuño de 2010

Lugar:

Plaza Maior de O Carballiño.

Horarios:

18:00 – 20:00

Inscricións:

Nº de prazas: 30

Actividade gratuíta

 

Para inscribirse ao obradoiro de Plantas Mediciñais é preciso facelo antes das 14:00 da tarde do día 5 de xuño. Pode ser por mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no posto de información da feira que vai ter a Asociación Cultural Pepa Loba na Praza Maior.


Para inscribirse ou ter máis información:

645 865 080 - 677 163 387

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo