| III Congreso de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Galiza |
|
| Escrito por Agrelar |
| Xoves, 27 Maio 2010 15:23 |
|
Vigo 24-26 de xuño de 2010 Soberanía alimentaria e agricultura ecolóxica, propostas de acciónObxectivo Xeral A necesidade de transformar o mundo rural, afastándoo das tendencias do abandono, é un obxectivo social de primeira orde. Conseguilo é unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, campesiños, consumidores e as súas asociacións. No ámbito do III Congreso queremos discutir sobre o papel asignado á agricultura ecolóxica nese proceso. Producir alimentos e fibras para os mercados locais mediante sistemas produtivos que aproveiten os recursos locais (ambientais, humanos, culturais, económicos) convértese no elemento crítico do proceso de construción social dun novo mundo rural. Chamamos aos axentes sociais implicados á participación, definindo os problemas e propondo alternativas, co obxectivo de tecermos novas redes que permitan avanzar no camiño da soberanía alimentaria.
Áreas Temáticas 1. Políticas agrarias e desenvolvemento rural Fonte: economiaecoloxica.uvigo.es |
