| Convite acto de presentación COOP57 en Vigo |
|
| Escrito por Agrelar |
| Mércores, 19 Maio 2010 13:35 |
|
Outra economía e posible:
Invitación á presentación en Vigo de Coop57, cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios A sección galega de Coop57 vai desenvolver un acto de presentación da mesma en Vigo, que terá lugar o día 25 de Maio ás 19:30 horas no antigo reitorado do Areal, rúa Oporto nº 1. Gustaríanos contar coa vosa asistencia para que coñezades directamente e participedes deste proxecto de economía ética e solidaria que empeza a estar solidamente asentado xa no noso país. Coop57 naceu en Cataluña, froito dos fondos de compensación recibidos por un grupo de 57 ex traballadores e traballadoras da editorial Bruguera. Hoxe agrupa a 300 organizacións da economía solidaria e milleiros de socios e socias individuais, con seccións locais establecidas en cinco comunidades: Madrid, Cataluña, Aragón, Andalucía e Galiza. En Coop57 promóvese un aforro con criterios éticos, destinándose os seus recursos a financiar proxectos que promovan a economía social, o cooperativismo e a solidariedade. Nos seus consellos reitores decídese transparente e democraticamente o destino das achegas económicas das persoas e cooperativas que a compoñen. Con eses fondos fináncianse proxectos de cooperativas de traballo asociado, iniciativas de inserción laboral, proxectos de movementos sociais, sustentabilidade e medio ambiente, cultura e educación. Invitámosvos a ampliar a información sobre Coop57, os seus proxectos e a súa traxectoria a través da web: http://www.coop57.coop e no blogue http://coop57galicia.blogspot.com/ En Coop57 apostamos e traballamos por unha economía solidaria, e a escala humana, como ferramenta para conseguir unha sociedade xusta e sustentable. Se precisas máis información sobre a xornada podes dirixirte a: Roberto Andrés Sanmartín ou Nuria González Rodríguez no teléfono 986 866 149 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Agardando a vosa asistencia e agradecendo o voso interese, recibide un saúdo. Coop57Galiza |
