|
Escrito por Agrelar
|
|
Martes, 24 Xaneiro 2012 11:11 |
|
Desde a Rede de Semente chéganos esta información a compartir:
Ola a todos.
Infórmovos do que se acordou na xuntanza do pasado martes 17 de xaneiro da Rede de sementes de Lugo.
- Organizar unha xornada de troco de sementes o luns 13 de febreiro no C.S. Vagalume, sito na Rúa Nóreas (Lugo).
- A partir das 18:00 h os que poidamos iremos a preparar o encontro. Organización de sementes, da recollida de información, etc.
- As 19:00 h comeza o encontro propiamente dito, onde se procedera a recollida e entrega de variedades de sementes locais.
- Traer sobres feitos para levar as sementes.
Para axilizar o troco, e facer un mellor manexo da información acordamos que, antes da xuntanza, recoller toda a información valiosa das sementes que vaiades a traer, neste enderezo electrónico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
, podendo tomar como punto de partida a ficha que se adxunta. (ata o día 5 de febreiro).
Acordamos tamén, empregar este enderezo electrónico, a modo de taboleiro onde publicar as nosas demandas ou excedentes de sementes ou planteis.
|
|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Mércores, 26 Outubro 2011 15:07 |
|
A reforma da Política Agrícola Común (PAC) está en marcha. As Institucións europeas que deciden, apoian un sistema alimentario insustentable baseado en alimentos de baixa calidade a prezos competitivos.
Cambiar a PAC é clave para alcanzar a Soberanía Alimentaria, unha opción que pon por diante do beneficio á xente, ao medio ambiente e a biodiversidade. Unha opción que aposta pola solidariedade e a cooperación fronte á competitividade.
Ti tamén podes participar neste proceso de transformación. Visita: nyelenieurope.net/foodsovcap/
|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Martes, 25 Outubro 2011 19:41 |
|

Amigos de la Tierra, CECU, COAG, Ecologistas en Acción y Greenpeace organizamos las jornadas "los transgénicos en el ámbito científico, agrícola, medioambiental y de la salud", los próximos 10 y 11 de noviembre. En éstas participarán científicos expertos de España y la UE que debatirán los efectos y consecuencias de los transgénicos.
|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Martes, 25 Outubro 2011 07:50 |
|
Hoxe máis de 1.400 millóns de persoas viven en situación de pobreza extrema e case 1.000 millón sofren fame. O 2011 pasará tristemente á historia como ano no que se declarou a primeira gran crise de fame do século XXI, que hoxe afecta a 11 millóns de persoas no Corno de África.
Queres entender por que?
Os días 7, 8 e 9 de novembro terán lugar as xornadas 'Dereito á alimentación e soberanía alimentaria', unha formación organizada pola Coordinadora Galega de ONGD que contará coa participación de persoas expertas como Gustavo Duch e Esther Vivas e Patricia Dopazo.

|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Luns, 17 Outubro 2011 10:18 |
|
Reenviamos información do interesante curso que vai levar a cabo o CDR Portas Abertas e socios e colaboradores de O Grelo Verde.
Comeza o curso maña: 18 outubro ás 18:00 h no polígono de Pazos (onde Biocoop) con Jerónimo Aguado Martínez "Jeromo" (Presidente da Plataforma Rural e impulsor do Municipio ecolóxico de Amayuelas de Abaixo). Mais info 988 417232. Dende o Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas" queremos difundir o Curso "Novos retos na Industria Agroalimentaria", cun contido que pode interesar a tódolos públicos e nos fará reflexionar e debatir sobre o futuro agroalimentario.
|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Venres, 14 Outubro 2011 13:48 |
|
Amigos de la Tierra e COAG organizan os días 22 e 23 de outubro en Amayuelas de Abaixo unhas xornadas de traballo e intercambio de experiencias ao redor da introdución de produtos locais e ecolóxicos en comedores colectivos.
Con esta iniciativa, ademais de mellorar a dieta das persoas, proporciónanse novas canles de comercialización aos produtores locais, construíndo soberanía alimentaria. En xuño de 2010 celebrouse en Azkoitia (Bizkaia) un primeiro encontro no que se abordaron as dificultades e retos atopados tanto desde o punto de vista dos produtores como dos usuarios dos comedores. O obxectivo destas xornadas é compartir os avances que desde entón tiveron lugar e coñecer e apoiar novas iniciativas.
|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Mércores, 05 Outubro 2011 12:17 |
|
A Feira Nacional de Agricultura Biológica, terá lugar no Palácio de Cristal / Pavilhão Rosa Mota e pretende dar a conhecer o único modo de produção sustentável de ”alimentos saudáveis, nutritivos e suficientes para satisfazer as necessidades da população portuguesa”.
A edição de 2011 da Terra Sã, Feira Nacional da Agricultura Biológica, começa já na próxima sexta-feira, 7 de outubro.
O evento, organizado pela Agrobio, terá lugar no Palácio de Cristal / Pavilhão Rosa Mota (Porto) e decorrerá até domingo, dia 9.
|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Martes, 04 Outubro 2011 08:20 |
|
|
Escrito por Agrelar
|
|
Venres, 30 Setembro 2011 13:32 |
GRAIN, unha das organizacións editoras de revísta Soberanía Alimentaria, Biodiversidade e Culturas, foi recoñecida co PREMIO NOBEL ALTERNATIVO, o premio Right Livelihood.
Como di Henk, o seu coordinador, "é un recoñecemento ás achegas de numerosas persoas e organizacións que participades na loita contra o crecente control por parte das corporacións e elites, dos nosos sistemas alimentarios".
www.grain.org
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 1 de 10 |