novas

Facendo pasta Correo-e
Escrito por Agrelar   
Luns, 24 Maio 2010 17:36
Zeltia e Lola facendo pasta ecolóxica caseira... ummm

facendo-pasta-01

facendo-pasta-02

 
Outra agricultura é posibel Correo-e
Escrito por Agrelar   
Luns, 24 Maio 2010 17:05
O próximo 30 de maio mobilizarémonos en Mérida contra a Europa do Capital e a Guerra, e especialmente contra o modelo agroalimentario da Unión Europea, fronte á reunión de ministros de agricultura da UE, que terá comezo en Mérida ese mesmo día.

O acto enmárcase dentro das Xornadas Alternativas fronte á reunión dos ministros de agricultura da Unión Europea, que foron convocadas por máis de 40 organizacións estremeñas, españolas e europeas, entre asociacións cidadás, grupos ecoloxistas, asociacións de consumo responsabel, sindicatos agrarios, ONG's e partidos políticos, baixo a lema "Otra agricultura, otra Estremadura, otra Europa".
Ler máis...
 
Convite acto de presentación COOP57 en Vigo Correo-e
Escrito por Agrelar   
Mércores, 19 Maio 2010 13:35
Outra economía e posible:

Invitación á presentación en Vigo de Coop57, cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios

A sección galega de Coop57 vai desenvolver un acto de presentación da mesma en Vigo, que terá lugar o día 25 de Maio ás 19:30 horas no antigo reitorado do Areal, rúa Oporto nº 1.

Gustaríanos contar coa vosa asistencia para que coñezades directamente e participedes deste proxecto de economía ética e solidaria que empeza a estar solidamente asentado xa no noso país.

Ler máis...
 
Curso Gratuíto VITICULTURA ECOLOXICA-Concello de Ourense Correo-e
Escrito por Agrelar   
Luns, 08 Marzo 2010 22:52

Información do CURSO GRATUÍTO ONLINE incluído dentro do proxecto ECO-EMPRENDE promovido polo Concello de Ourense e a Fundación Biodiversidad coa cofinanciación do FSE, dirixido a: empresas, traballadores, autónomos e profesionais da educación.

"MEDIO AMBIENTE E RECURSOS ENDÓXENOS: A VITICULTURA ECOLÓXICA"

 
DURACIÓN: 30 HORAS ON LINE
DATA INICIO: 16 DE MARZO 2010.

Ler máis...
 
As Herbas Medicinais en Allariz, proxecto gañador no concurso estatal Maiores con Iniciativa Correo-e
Escrito por Agrelar   
Venres, 26 Febreiro 2010 00:00

maiores_con_iniciativaA fundación Fundetec entregou hoxe en Madrid os premios do II Concurso Estatal Maiores con Iniciativa, que recoñece o esforzo dos axentes sociais que desenvolven iniciativas que fomentan a inclusión das persoas maiores na sociedade da información coas novas tecnoloxías.

O Concello de Allariz, como un destes axentes sociais, resultou gañador do concurso no que se presentaron 88 candidaturas de dez comunidades autónomas diferentes.

A iniciativa gañadora “As herbas mediciñais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminino” é un proxecto no que participaron 150 mulleres do entorno rural alaricano que recopilaron os usos e tradicións das distintas herbas mediciñais da localidade. Unha tradición que se transmitirá ás xeracións futuras a través das novas tecnoloxías, grazas ó blog creado polas alaricanas e que contén toda esta información.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345SeguinteFinal »

Páxina 3 de 5

entrada



Temos 1 convidado en liña