novas

As herbas medicinais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminina Correo-e
Escrito por Agrelar   
Xoves, 25 Febreiro 2010 23:36

Proxecto no que as protagonistas son as mulleres das asociacións veciñais de Allariz, e no que se recolle o saber destas mulleres que fixeron unha labor de recolección e transmisión de información sobre as herbas medicinais atopadas en Allariz.

 
Un supermercado ecolóxico que medra Correo-e
Escrito por Agrelar   
Xoves, 25 Febreiro 2010 23:09

veritasVeritas é unha cadea de supermercados creada en 2002 cuxa oferta é enteiramente ecolóxica. Agora, tras o éxito destes anos pasados prevé abrir supermercados en Madrid, Baleares e Levante para 2012 (ultimamente parece que todo sucederá no 2012) despois de inaugurar hoxe a súa tenda número 20.

productos_ecoloxicosSegundo declara Veritas na súa páxina web, contan cun equipo de persoas que se dedica permanentemente a buscar provedores de produtos da mellor calidade, ao mellor prezo e sobre todo libres de engadidos químicos. Pero se ese equipo non atopa algo, Veritas asegura facelo de por si.

Este é o caso do seu produto estrela: o pan. Ao non atopar ningunha panificadora ao seu gusto, Veritas creou o seu propio obradoiro en Hospitalet de Llobregat (Barcelona), desde onde distribúe o pan e a bollería para todas as súas tendas... até agora. Un dos retos da súa expansión, é crear novos obradoiros xunto a centros de distribución xeral, xa que as novas tendas estarán demasiado lonxe da terra que a viu nacer.

Ler máis...
 
Novo logo oficial para produtos ecolóxicos europeos Correo-e
Escrito por Agrelar   
Xoves, 25 Febreiro 2010 22:47
logotipo_ecologicoA partir do 1 de xullo deste ano, os produtos ecolóxicos á venda na Unión Europea deberán acreditar a súa autenticidade portando un logo que acaba de presentarse, resultado dun concurso para a súa elección. O gañador é un estudante alemán que obtivo o 63% dos votos e 6.000 euros.

O logotipo foi presentado onte en Bruxelas pola comisaria de agricultura Mariann Fischer Boel, e consiste nunha folla de árbore formada por estrelas sobre un fondo verde. A votación foi cidadá e realizouse online.

Segundo a comisaria, con este proxecto a UE pretende "promover os produtos ecolóxicos europeos e facer conciencia entre os consumidores sobre a importancia deste tipo de produción".
Ler máis...
 
Curso Gratuíto para ECOEMPRENDEDORES Correo-e
Escrito por Agrelar   
Mércores, 24 Febreiro 2010 09:47
eco-emprendeEnvíamos información do CURSO GRATUÍTO ONLINE incluído dentro do proxecto ECO-EMPRENDE promovido polo Concello de Ourense e a Fundación Biodiversidad coa cofinanciación do FSE, dirixido a: empresas, traballadores, autónomos e profesionais da educación.
 

PROGRAMA:

ECOEMPRENDEDORES: UNHA OPCIÓN DE FUTURO PARA O MEDIO RURAL

DURACIÓN: 30 HORAS ON LINE
DATA INICIO: 1 DE MARZO 2010.

A solicitude para inscribirse no curso vai ligada a esta información. Remitir ó email ou fax indicados abaixo.

Agradeceriamos toda posible divulgación pola súa parte.

Atentamente.
Grupo de Traballo do Programa ECO-EMPRENDE
Centro de Iniciativas Empresariais - Concello de Ourense

Ler máis...
 
Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar Correo-e
Escrito por Agrelar   
Mércores, 24 Febreiro 2010 09:08

isap_soberania-alimentarOs días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega.

Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345SeguinteFinal »

Páxina 4 de 5

entrada



Temos 1 convidado en liña