novas

Copy and clone Correo-e
Escrito por Agrelar   
Martes, 23 Febreiro 2010 22:56

Curtametraxe de animación de Louis Rigaud que con un xenial sentido do humor escenifica unha realidade non tan lonxana sobre a industria agroalimentar actual e a biotecnoloxía.

Alteración biolóxica á carta con consecuencias por esperar.

 
O Ultimato Evolutivo Correo-e
Escrito por Agrelar   
Martes, 23 Febreiro 2010 19:55

O Ultimato Evolutivo é unha curtametraxe realizada pola ONGD SETEM Comunitat Valenciana e o director gañador de dous Goyas, Pablo Llorens.

Este curta forma parte dun proxecto de sensibilización co que SETEM pretende concienciar sobre as causas e consecuencias do consumo irresponsable e achegarnos a alternativas positivas e ao noso alcance.

 
IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense Correo-e
Escrito por Agrelar   
Martes, 23 Febreiro 2010 18:59

agrourense-2010As IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense mostran a consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense.

A Esmorga, Amarante, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia presentan, durante 10 días de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente ao longo de todo o 2009 e comezos de 2010 para que sexa cada vez máis visible, para que cada vez teñan máis voz, todos aqueles proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.

Ler máis...
 
Comezamos a nosa andaina na rede Correo-e
Escrito por Agrelar   
Domingo, 17 Xaneiro 2010 21:09

Resulta emocionante este renacer desde o mais íntimo da terra, grazas a esta auga recibida, poder sentir o ár, o ár libre que nos abre camiño cara a luz do Sol...

Por fín saimos á luz!!!

 
« InicioAnterior12345SeguinteFinal »

Páxina 5 de 5

entrada



Temos 1 convidado en liña